Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (854/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 854/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estael Aires Matías contra a empresa Juegos Balora, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo:

Que, estimando en parte a demanda interposta por Estael Aires Matías contra a empresa Juegos Balora, S.A., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao/a demandante, e condeno a demandada a, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, optar entre a readmisión inmediata do/a demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 361,84 euros. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación, que ascenden a 43,86 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza. No propio termo, se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juegos Balora, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial