Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17503

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (761/2013).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o vinte de xuño de dous mil catorce.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos co número 761/2013 por instancia de FGA Capital Spain Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora Raquel Ceinos Real e asistida da letrada Marian Antelo Dorrego, contra Laura María Castro Inostroza, declarada en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora Raquel Ceinos Real, en nome e representación da entidade FGA, E.F.C., S.A., contra Laura María Castro Inostroza, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de sete mil corenta e catro euros con sesenta céntimos (7.044,60 €), máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda. Todo iso sen facer expresa imposición de custas.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista no artigo 458 da LAC.

Advírtase a ambas as partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de interposición do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, apercibíndoos de que a non constitución do depósito comportará a inadmisión a trámite do recurso.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Laura Mª Castro Inostroza, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

O/A secretario/a xudicial