Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de abril de 2015 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente sancionador IU1/086/2012-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seu destinatarios ausentes na repartición.

Mediante Resolución do 4 de decembro de 2014 acordouse incoar expediente sancionador a Elías Prado Díaz e a Mª del Mar Blanco Roca, polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e unha soleira levadas a cabo no lugar de Penencia, Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

O instructor acordou abrir un período de proba por un prazo de 20 días hábiles co fin de practicar as probas pertinentes.

Contra este acordo non cabe recurso ningún.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

José Antonio Cerceira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística