De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 17 de abril de 2015
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON- LU-19/2013-IO.
Interesada: Maderas Miranda Espiñeira, S.L.
Acto notificado: resolución cuarta multa coercitiva.