Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución e de requirimento (ETX 78/15).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 78/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Ríos Casas contra a empresa Jesús Víctor Adjuar Ferrández, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza do data 30 de xaneiro de 2015 a favor da parte executante, José Antonio Ríos Casas, contra Jesús Víctor Adjuar Ferrández, parte executada, polo importe de 1.150,73 euros en concepto de principal, máis outros 115,07 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución, e as custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda así apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Jesús Víctor Adjuar Ferrández para que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a investigación de bens do executado».

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Jesús Víctor Adjuar Ferrández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial