Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de aclaración de sentenza (433/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 433/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Pombo Vecino contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeniería Arce, S.L., administración concursal Montaje e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

R/ Monforte, s/n, Edificio Xulgados. Teléfono Reforzo: 881 88 16 70. Fax: 881 88 16 69.

Teléfono: 981 18 51 26/127. Fax: 981 18 51 25. NIG: 15030 44 4 2014 0002192. N04150

Despedimento/cesamentos en xeral 433/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre: despedimento

Demandante: Francisco José Pombo Vecino

Avogado: David Pena Díaz

Demandados: Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeniería Arce, S.L., administración concursal Montaje e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa.

Auto

Maxistrado xuíz Javier López Cotelo

A Coruña, 13 de abril de 2015

Parte dispositiva:

– Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos, de tal forma que, no número 3 da parte dispositiva, onde di: “desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Manuel Turnes López”, debe dicir: “desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Francisco José Pombo Vecino”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de abril de 2015

A secretaria xudicial