Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (228/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 228/2013 por instancia de Manuel Santiago Regueira contra a empresa Coplayca, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6.4.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Manuel Santiago Regueira Canosa fronte á empresa Coplayca, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Coplayca, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil seiscentos trinta e un euros con sesenta e nove céntimos (5.631,69 euros), devindicando a devandita cantidade os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coplayca, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial