Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2015/110-1).

Expediente: IN407A 2015/110-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT A Piolla (autovía Carballo-Berdoias).

Concello: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea CBA-803, entre os apoios nº 33 e nº 35, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,145 km, coa orixe no apoio nº 33/1 que se intercalará na LMT CBA-803 (expte.: 52.545), no tramo entre o CT A Piolla e a derivada ao CT Rempenín, condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 35 proxectado que se intercalará na LMT CBA-803 (expte.: 52.545), no tramo entre a derivada ao CT Rempenín e a derivada ao CT Cazón.

Liña de media tensión aérea CBA-803, entre os apoios nº 35 e nº 36, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,110 km, coa orixe no apoio nº 35 proxectado da LMT CBA-803 (expte.: 52.545), no tramo entre a derivada ao CT Rempenín e a derivada ao CT Cazón, condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 35 bis proxectado que se intercalará na LMT CBA-803 (expte.: 52.545), tramo entre a derivada ao CT Cazón e a derivada ao CT Budián.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña