Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/111-1).

Exptediente: IN407A 2015/111-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT As Fontiñas (autovía Carballo-Berdoias).

Concello: Zas.

Características técnicas:

Retensamento liña de media tensión aérea CBA-803, entre os apoios nº 11 e nº 12, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,043 km, con orixe no apoio nº 11 existente da LMT CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e a derivada ao CT A Pedra, condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 12 proxectada que se intercalará na LMT CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e a derivada ao CT A Pedra.

Retensamento liña de media tensión aérea CBA-803, entre os apoios nº 13 e nº 14, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,098 km, con orixe no apoio nº 13 proxectado da LMT CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e a derivada ao CT A Pedra, condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 14 existente da LMT CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e derivada ao CT A Pedra.

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,406 km, con orixe no paso aéreo-soterrado que se realizará no apoio nº 12 proxectado que se intercalará na LMT CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e a derivada ao CT A Pedra, en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 1×240 Al, e final no paso aéreo-soterrado que se realizará no apoio nº 13 proxectado que se intercalará na LMT-CBA-803 (expte.: 169/95), tramo entre a derivada ao CT San Clemente estrada xeral e a derivada ao CT A Pedra.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña