Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2015/127-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vego Supermercados, S.A.U.

Domicilio social: rúa Gambrinus, 11, 15008 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA a 20 kV para supermercado.

Situación: avenida Álvaro Cunqueiro, 1, Sigüeiro-Oroso.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea, entrada e saída, RHZ1 2OL 12/20 kV, 1×240 mm2 Al con inicio no punto de entroncamento en liña SIG803 da distribuidora e remate no CS proxectado, lonxitude 142 m. Centro de secionamento 3L (entrada, saída e cela de liña, 400A, 24 kV) e centro de transformación formado por cela de remonte, cela de protección e cela de medida, 24 kV, 400A, e transformador 20/0,42 kV, 400 kVA, refrixeración natural en aceite.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 24 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña