Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2012/009-1).

Expediente: IN407A 2012/009-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento en MT autovía Carballo-Berdoias.

Concello: Coristanco.

Características técnicas:

Recuamento das seguintes liñas de media tensión afectadas pola construción da autovía Carballo-Berdoias, nos concellos de Carballo, Cabana e Zas, coas seguintes afeccións:

Afección 1 á liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 34 situados entre o CH Batán e CT A Agualada I (p.q. 9+784) do tramo Carballo-Baio.

Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 e 32 bis, con orixe en apoio nº 32 proxectado de tipo C-14/2000 e final en apoio proxectado nº 32 bis do tipo C-14/2000, nunha lonxitude de 0,037 km, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al.

Liña de MT soterrada CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 32 bis e 33, con orixe no paso aérea-soterrado no apoio nº 32 bis proxectado e final no paso aéreo-soterrado no apoio proxectado nº 33, cunha lonxitude de 0,215 km, en condutor RHZ1 20L-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de MT aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios nº 33 e 34, con orixe no apoio nº 33 proxectado tipo C-18/3000, e final en apoio nº 34 existente nunha lonxitude de 0,215 km, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña