Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización do Plan especial de reforma interior da UE-02 no concello de Salceda de Caselas, promovido polo Concello de Salceda de Caselas (clave 2014/0131).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 9 de abril de 2015 relativo ao proxecto de urbanización do Plan especial da reforma interior da UE-02, no concello de Salceda de Caselas, promovido polo Concello de Salceda de Caselas (clave 2014/0131).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental