Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17381

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 04/2015).

Por Decreto da Alcaldía do 15 de abril de 2015 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 04/2015).

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa da xestión indirecta do servizo de recolla selectiva e transporte de residuos, limpeza e mantemento de colectores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto (contrato reservado a centros especiais de emprego).

4. Orzamento base de licitación: 68.640 € (62.400 € máis 6.240 € en concepto de IVE); polo prazo de 4 anos.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 15 de abril de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde