Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 7/15).

Mediante o Decreto da Alcaldía do 15.4.2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 7/15).

2. Obxecto do contrato: servizo de recollida e transporte, cun camión con guindastre con condutor, de material de construción e entullos das obras municipais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000 € (132.024,80 € máis 17.975,20 € en concepto dos diferentes tipos de IVE aplicables); prezos unitarios: 35 €/hora máis o IVE correspondente (10 % recollida por limpeza e 21 % para o transporte de material), polo prazo de 1 ano.

5. Garantías: Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 15 de abril de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde