Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 8 de abril de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, da aprobación inicial do estudo de detalle na avenida Atlántida, números 107, 109 e 111 (expediente 14705/411).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 13 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle de Reaxuste de aliñación de parcela na avenida Atlántida, números 107 a 111, promovido pola mercantil Vicus Vivenda, S.L. e redactado polo arquitecto José Antonio Comesaña García, con visado colexial do 1.9.2014, de acordo cos informes técnicos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un trámite de información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica do Concello de Vigo.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos interesados, entre os cales se encontrará a propiedade da AOD A-2-33 Montana, coa indicación de que por tratarse dun acto de trámite non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo do disposto no artigo 107 da LRXAP-PAC».

Durante o período de exposición pública, o expediente estará á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org ), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do Edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Vigo, 8 de abril de 2015

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo