Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Agrupación Sindical de Profesionales de la Salud de Galicia (Prosagal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na Oficina Pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar, foron depositados os estatutos da Agrupación Sindical de Profesionales de la Salud de Galicia (Prosagal), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita agrupación todas aquelas persoas, funcionarios e estatutarios, de calquera vinculación laboral e tipo de situación laboral co Servizo Galego de Saúde.

Asinan a acta de constitución: Carolina Iñarrea Macías, Aurea Rivas Vilas, Pilar Fariña Vilas, Carmen Gómez Barreiro e Pilar Mares Lozano.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social