Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014407AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 16 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2014407AL-PO, incoado á entidade Anse, S.C.P., propietaria do establecemento Tapería Casa Rita.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase ao/á director/a xerente da entidade Anse, S.C.P. o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) Se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) Se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou en http://www.cistec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 9 de abril de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014407AL-PO.

Denunciada: Anse, S.C.P., con CIF G36974285, propietaria do establecemento Tapería Casa Rita.

Último enderezo coñecido: rúa Carabela Pinta, 17, 36300, Baiona.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Capítulo I, puntos 1 e 2, capítulo II, punto 1 c) e capítulo IX, punto 2 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).