Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral, se presentou certificación da acta do consello do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia celebrado o 27 de marzo de 2015, onde se reflicte a modificación do artigo 15.a) dos estatutos da dita organización.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: traballadores e traballadoras activos, en paro ou á procura do seu primeiro emprego, a mocidade e os pensionistas e xubilados e xubiladas, traballadores e traballadoras autónomos que non teñan empregados ao seu cargo para desenvolveren servizos relacionados coa súa actividade como autónomos, e quen preste o seu servizo baixo o control e a dirección doutra persoa, calquera que sexa a forma xurídica que adopte estea relación laboral.

– Asinantes: Xosé Manuel Sánchez Aguión (secretario xeral) e Francisco Carrera Pérez (secretario de actas).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social