Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Baña (expediente IN407A 2014/113-1).

Expediente: IN407A 2014/113-1-1.

Promotor: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación da instalación: LMTS, CT e RBT A Riba.

Concello: A Baña.

Feitos.

1. O 8 de agosto de 2014 Industrial Barcalesa, S.L. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 10 de novembro de 2014, no BOP do 22 de outubro, no xornal La Voz de Galicia do 22 de outubro e no taboleiro de anuncios do Concello da Baña, segundo dilixencia do secretario municipal do 8 de xullo de 2014, así como con notificacións individuais aos titulares que constan na relación de bens e dereitos afectados.

Non consta no expediente ningunha alegación e recibiuse certificado de exposición pública do concello da Baña en que se indica que non se formularon alegacións.

3. Solicitouse o preceptivo informe ao concello da Baña, así como reiteración, sen que conste no expediente ningunha contestación, polo que se entende a súa conformidade coa autorización da instalación e coas especificacións técnicas propostas.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 24 de xullo).

7. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

8. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

9. Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

10. Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

11. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Centro de transformación e manobra A Riba, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas motorizadas e unha cela de proteción mediante fusibles para un trafo de 160 kVA, cuxo fin será a subministración aos servizos auxiliares do edificio e á rede de baixa tensión de distribución, todas elas con illamento e corte en SF6.

– Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre a LMT Babión-Gandarela, no apoio existente do tipo HV-400/11, e CT A Riba, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 211 metros de lonxitude.

– Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre CT A Riba e a LMT Babión-Gandarela, no apoio existente do tipo HV-400/11, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 211 metros de lonxitude.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 43.661,16 €.

12. Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

13. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública á instalación eléctrica denominada LMTS, CT e RBT da Riba.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1000, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña