Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 23 de abril de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os requirimentos de pagamento realizados ás persoas que prestaron caución nos expedientes sancionadores iniciados en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01432-O-2009 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os requirimentos de pagamento das sancións impostas por resolución firme en expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres posto que as persoas sancionadas non as aboaron.

O importe da sanción deberá ser pagado dentro do prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte a públicación desta cédula, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Abanca ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Fiador

Último enderezo coñecido

OU-01432-O-2009

83-DP-28

Garda Civil 3203 L24919Z

Tirazôes Transportes, Lda.

Lugar da Peça, s/n

4730 Portugal

Levar inserida unha folla de rexistro ou tarxeta de condutor correspondentes a outro condutor.

15.8.2009; 3.37; A-52; 143,0

Art. 140.22 LOTT Art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT Art. 201.1.h) ROTT

3.301 €

José Ramírez Pérez

(Rpdo.: Bistim, S.L.)

Principe de Asturias, nº 39,

41720 Los Palacios y Villafranca, Sevilla

OU-01696-O-2009

62-GO-79 (P)

Garda Civil 3201 M30803D

Garantir Ttes. Nacionais e Internacionais. Lda.

Rua St’ Antonio,

575 P-4475

Avioso St’ Maria (Porto)

Manipulación do tacógrafo dixital (marca, modelo, nº de serie e nº de homologación do tacógrafo).

9.10.2009; 8.48; A-52; 202,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 197.10 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT Art. 201.1.i) ROTT

4.601 €

B José Ramírez Pérez

(Rpdo.: Biostim, S.L.

Principe de Asturias, nº 39,

41720 Los Palacios y Villafranca, Sevilla

PO-01138-O-2007

72-DN-23

Garda Civil 3601 C-26225H

Friespana Transportes, Lda.

Rua da Lagoa

12 0

San Pedro da Torre, Portugal

Realizar transporte de cabotaxe de mercadorías sen levar a bordo o orixinal da copia certificada conforme de licenza comunitaria. Sancionarase segundo esta epígrafe como carencia de copia certificada conforme de licenza comunitaria levala caducada ou levar fotocopia compulsada da licenza (neste caso retirarase a licenza).

Realizar transporte público ou privado de cabotaxe (interior) de mercadorías con vehículo conducido por persoa dun país terceiro (non da UE) e carecer do correspondente certificado.

15.6.2007; 9.20; PO-504; 0,3

Art. 140.1.8 LOTT

Art. 197.1.8 ROTT

Art. 141.19 LOTT

Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT Art. 201.1.i) ROTT

Art. 143.1.e) LOTT Art. 201.1.e) ROTT

5.602 €

Javier Pareiro Oliveira

Baro Rocha, Atios 54,

36400 O Porriño, Pontevedra

PO-01146-O-2006

01-91-VS

Garda Civil 3603 U-36333-E

Transportes de Santana de Carnota, Lda.

Damião de Goes, 10, sala 6

2580-471

Carregado, Portugal

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

1.4.2006; 10.20; A-52; 301,0

Art. 140.24 LOTT Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT Art. 201.1.g) ROTT

2.001 €

José Pedro García Pozzy

Estrada de Madrid, 373, La Serreta, s/n

30800 Mollina de Segura

Murcia