Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifica o Acordo do 12 de febreiro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio número 1 sito en Gondomar, relativo ao proxecto 01366 (expediente 2013/001159).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Carlos Miguel Alonso Barreira o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de febreiro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio nº: 1 sito en Gondomar, relativo ao proxecto 01366, expediente 2013/001159, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01366 LAT 132 kV Gondomar-O Rosal. Expediente: IN407A 2008/576-4. Tm Gondomar, Tomiño, Oia e O Rosal.

Nº de expediente: 2013/001159.

Persoa que se notifica: Carlos Miguel Alonso Barreira.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina de Vigo.

Expropiado: Carlos Miguel Alonso Barreira.

Beneficiario: Unión Fenosa.

Predio nº: 1.

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 335,92 €.