Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Carlos Manuel de Almeida Pereira.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra tramítase o recurso 60/2015 (procedemento abreviado), interposto por Carlos Manuel de Almeida Pereira contra a desestimación presunta do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais (DOG nº 227, do 26 de novembro), categoría de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos