Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 982/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 982/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vázquez Santiso contra Muma, S.L., Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., Fogasa, administración concursal Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., José Vispo Peiteado, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, dez de abril de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 9 de setembro de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de despedimento presentada por Francisco Javier Vázquez Santiso fronte a Muma, S.L., Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., Fogasa e administración concursal Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., na persoa de José Vispo Peiteado.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 16 de decembro de 2015 ás 10.40 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta, mediante escrito de data 11 de marzo de 2015.

Cuarto. Con data 23 de marzo de 2015 deuse traslado do escrito de desistimento da demanda ás partes, presentado escrito con data 7 de abril de 2015 Francisco José Vispo Peiteado, administrador liquidador da entidade Consulting e Ingeniería Internacional, S.L.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Francisco Javier Vázquez Santiso da súa demanda fronte a Muma, S.L., Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., Fogasa e administración concursal Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., José Vispo Peiteado.

– Deixar sen efecto a sinalización para o día 16 de decembro de 2015 ás 10.40 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta do Banesto, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Muma, S.L. e Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial