Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16876

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4326/2014-AL).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 4326/2014 desta sección, seguido por instancia de Campus Na Nube, S.L. e Tórculo Artes Gráficas, S.A., contra o Fogasa, Fotocopias Maxin, S.L.U., Unidixital, S.L., Rebeca Martínez Otero, administración concursal Fotocopias Maxin, S.L.U. (María Sierra Rodríguez), Laborman ETT, S.A. –agora Randstad Empleo, S.A.U. (antes Vedior Trabajo Temporal ETT, S.A.)–, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 10 de abril de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Manuel Lobato Iglesias únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días, presentando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; débese demostrar a representación da parte, se non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial