Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16571

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de abril pola que se nomean rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de Xustiza JUS/198/2015, do 9 de febreiro (BOE do 13 de febreiro), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e consonte os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 4 de marzo de 2015 (BOE do 12 de marzo) e resolto pola Resolución do 9 de abril de 2015, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Inés Areán Fraga, aspirante núm. 14 para o Rexistro da Estrada.

• Antonio Manuel Oliva Izquierdo, aspirante núm. 27 para o Rexistro de Verín.

• María Couto Aboy, aspirante núm. 35 para o Rexistro de Chantada.