Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en 16 núcleos de poboación da provincia de Ourense (A Merca, Amoeiro, Bande, Baños de Molgas, Boborás, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castro Caldelas, Cualedro, Leiro, Maceda, Melón, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Ribadavia e Vilardevós).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF número A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia de Ourense, acompañadas dos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 24 de setembro), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

A MERCA

IN627A 2014/47-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Merca, no concello da Merca (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano da Merca.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32048A50200058.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 354.613 €.

2

AMOEIRO

IN627A 2014/50-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Amoeiro, no concello de Amoeiro (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Amoeiro.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32003A01600014.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 382.849 €.

3

BANDE

IN627A 2014/51-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Bande, no concello de Bande (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Bande.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32007B50100197.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 450.813 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

4

BAÑOS DE MOLGAS

IN627A 2014/52-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Baños de Molgas, no concello de Baños de Molgas (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Baños de Molgas.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32008A06000070.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 371.201 €.

5

BOBORÁS

IN627A 2014/53-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Boborás, no concello de Boborás (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Boborás.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32014A02800479.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 295.125 €.

6

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

IN627A 2014/54-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Carballeda de Valdeorras, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Carballeda de Valdeorras.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32018A02200984.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 390.545 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

7

CARTELLE

IN627A 2014/55-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Cartelle, no concello de Cartelle (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Cartelle.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32021A52402512.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 298.921 €.

8

CASTRO CALDELAS

IN627A 2014/56-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Castro Caldelas, no concello de Castro Caldelas (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Castro Caldelas.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32024A07900123.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 567.761 €.

9

CUALEDRO

IN627A 2014/58-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Cualedro.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32029A50300351.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 356.017 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

10

LEIRO

IN627A 2014/59-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Leiro, no concello de Leiro (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Leiro.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32041A02500258.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 419.249 €.

11

MACEDA

IN627A 2014/60-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Maceda, no concello de Maceda (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Maceda.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32044A01700026.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 539.733 €.

12

MELÓN

IN627A 2014/61-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Melón, no concello de Melón (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Melón.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32047B50100222.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 322.789 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

13

MONTERREI

IN627A 2014/62-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Monterrei, no concello de Monterrei (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Monterrei.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32051B50400185.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 367.665 €.

14

NOGUEIRA DE RAMUÍN

IN627A 2014/63-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Nogueira de Ramuín.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32053A03900120.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 264.133 €.

15

RIBADAVIA

IN627A 2014/64-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Ribadavia, no concello de Ribadavia (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Ribadavia.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32070A01300366.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 873.053 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

16

VILARDEVÓS

IN627A 2014/66-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Vilardevós, no concello de Vilardevós (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Vilardevós.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32092A08200212.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 365.117 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos 16 expedientes referidos nos cadros anteriores, poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio e examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas