Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en 11 núcleos de poboación da provincia da Coruña (A Baña, Abegondo, Carnota, Coristanco, Outes, Oza dos Ríos, Rois, Touro, Val do Dubra, Valdoviño e Zas).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF número A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia da Coruña, acompañadas dos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 24 de setembro de 2014), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

A BAÑA

IN627A 2014/11-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Baña, no concello da Baña (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano da Baña.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15007A51700148.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 445.301 €.

2

ABEGONDO

IN627A 2014/12-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Abegondo, no concello de Abegondo (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Abegondo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15001C50800613.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 599.325 €.

3

CARNOTA

IN627A 2014/14-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Carnota, no concello de Carnota (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Carnota.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15020A01300040.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 448.785 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

4

CORISTANCO

IN627A 2014/15-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Coristanco, no concello de Coristanco (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Coristanco.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15029A03400452.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 729.193 €.

5

OUTES

IN627A 2014/20-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Outes, no concello de Outes (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Outes.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15063E50403228.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 534.689 €.

6

OZA DOS RÍOS

IN627A 2014/21-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Oza dos Ríos, no concello de Oza dos Ríos (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Oza dos Ríos.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15064B50301093.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 922.869 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

7

ROIS

IN627A 2014/22-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Rois, no concello de Rois (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Rois.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15075B50500353.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 330.433 €.

8

TOURO

IN627A 2014/23-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Touro, no concello de Touro (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Touro.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15086A516001070000UO.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 388.829 €.

9

VAL DO DUBRA

IN627A 2014/24-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Val do Dubra, no concello de Val do Dubra (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Val do Dubra.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15089A50200014.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 501.825 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

10

VALDOVIÑO

IN627A 2014/25-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Valdoviño, no concello de Valdoviño (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Valdoviño.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15088A02101054.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 950.793 €.

11

ZAS

IN627A 2014/26-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Zas, no concello de Zas (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Zas.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15094A03700001.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 432.925 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos 11 expedientes referidos nos cadros anteriores poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio e examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas