Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras de equipamento de 126 cociñas no grupo de 132 VPP en Valdecorvos, Pontevedra (expediente PO-2008/701-EC).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento de 126 cociñas no grupo de 132 VPP en Valdecorvos (Pontevedra).

b) Prazo de execución: máximo 6 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: un único criterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: douscentos trinta e catro mil novecentos setenta e tres euros con noventa e dous céntimos (234.973,92 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e nove mil trescentos corenta e catro euros con cincuenta e dous céntimos (49.344,52 €).

c) Importe total: douscentos oitenta e catro mil trescentos dezaoito euros con corenta e catro céntimos (284.318,44 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia de acordo coas cláusulas 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares ou das epígrafes I e J do cadro de características.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán descargarse a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22454

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, á hora e data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

P.D. (R. 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo