Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada, da subministración do equipamento hardware e software do CIS Galicia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Dirección: praza de Europa, núm. 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 95 70 42 (tramitación) e 981 33 71 14 (cuestións técnicas).

5º. Fax: 981 95 73 80.

6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/24.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento hardware e software no CIS Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, tres lotes.

Lote 1: actualización hardware e software da CAVE.

Lote 2: actualización do software de deseño.

Lote 3: subministración de equipamentos para a sala de formación de realidade virtual.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30214000-2 e 48962000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato:

a) Lote 1: 87.500 euros.

b) Lote 2: 8.400 euros.

c) Lote 3: 14.600 euros.

5. Orzamento de licitación:

a) Lote 1: 105.875 euros.

b) Lote 2: 10.164 euros.

c) Lote 3: 17.666 euros.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.623.0 do orzamento de gastos da Axencia Galega de Innovación para o exercicio 2015.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados na cláusula L da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data: oito (8) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do DOG.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2º. Dirección: praza de Europa, núm. 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG.

10. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina do perfil do contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación