Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte, implantación e xestión do proxecto de sistemas de imaxe médica para a execución do proxecto Innova-Saúde, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-14-044).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-044.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte, implantación e xestión de proxecto de sistemas de imaxe médica para a execución do proxecto Innova-Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 194, do 10 de outubro de 2014.

Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 18 de outubro de 2014.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2014/S 185-326567, do 26 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 415.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 207.900 euros. Importe total: 251.559 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 4.2.2015.

b) Data de formalización: 23.2.2015.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 177.030 euros. Importe total: 214.206,30 euros.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos