Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación da obra de remate da mellora da rúa Vista Alegre.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: remate da mellora da rúa Vista Alegre.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 4 meses.

Código CPV: 45233252-0 (traballos de pavimentación de rúas).

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 238.429,75 €

IVE (21 %): 50.070,25 €

Total (IVE incl.): 288.500,00 €

Valor estimado do contrato:

238.429,75 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web http://www.vilagarcia.es . Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do PCAP.

9. Apertura do sobre C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 16 de abril de 2015

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde