Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16331

VI. Anuncios

b) Administración local

Entidade Local Menor de Pazos de Reis (Tui)

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de aprobación do escudo e da bandeira desta entidade.

A Xunta Veciñal desta entidade, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de abril de 2015, acordou aprobar a proposta de escudo e bandeira propostos pola Comisión de Heráldica para a Entidade Local Menor de Pazos de Reis.

En cumprimento do disposto no artigo 16.a) do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese o expediente a información pública mediante a publicación no DOG e no taboleiro de edictos desta entidade, por un prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG para que poida ser examinado e se presenten as alegacións que se consideren oportunas.

Se, transcorrido o dito prazo, non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o dito acordo.

Pazos de Reis, 7 de abril de 2015

Enrique Pérez Martínez
Presidente