Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de modificación das bases específicas da convocatoria para cubrir tres prazas de policía local.

No BOP da Coruña núm. 53, do 19 de marzo de 2015, publicouse a modificación das bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir tres prazas de funcionarios de carreira, pertencentes á escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, subgrupo C1, polo sistema selectivo de oposición libre e que foron publicadas no BOP da Coruña núm. 234, do 5 de decembro de 2014. Esta convocatoria específica, da que xa fora publicado un anuncio no DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2010, publicadas no BOP da Coruña núm. 72, do 20 de abril de 2010, e a súa modificación no BOP núm. 113, do 17 de xuño de 2010. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 24 de marzo de 2015

Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal