Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16326

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO polo que se dá publicidade ao acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial da área de repartición 13-SUR 13.

O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, na sesión ordinaria do 9 de abril de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial da área de repartición 13-SUR 13 por iniciativa de Profoner Galicia, S.L., Construcciones José Miguel Rubio, S.L., Dionisio Rodríguez Jurjo e Carmen Ferrer Fernández, segundo o documento presentado no R.X. de Entrada núm. 3077.

Segundo. Publicar no prazo dun mes este acordo no Diario Oficial de Galicia e este acordo xunto co texto íntegro do articulado das normas e ordenanzas modificadas do Plan parcial no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Comunicar este acordo á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio achegándolle copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e instrumentos que integran o plan, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar a dita cuestión. Nos anuncios a que se refire o ordinal segundo deste acordo farase constar a data da remisión da documentación á consellería.

Cuarto. Para a eficacia deste acordo e a entrada en vigor da modificación do Plan parcial será preciso dar cumprimento aos ordinais segundo e terceiro deste acordo e que transcorrese o prazo previsto de quince días hábiles a partir da recepción da comunicación deste acordo, contado desde a recepción da documentación que sinala o artigo 92 da Louga no Rexistro da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo e da recepción de copia da acta desta sesión ou extracto comprensivo dos seus actos e acordos na Subdelegación do Goberno do Estado en Ourense.

Quinto. Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderán interpor directamente, aqueles que se consideren lexitimados, recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, conforme o establecido nos artigos 10.1.6 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados xulguen procedente en dereito».

Déixase constancia de que con data do 22 de abril de 2015 se remitiu á consellería competente a documentación que sinala o artigo 92 da Louga.

O Barco de Valdeorras, 22 de abril de 2015

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde