Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros na contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas.

Advertido un erro no prego de prescricións técnicas do expediente aberto para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense, a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 16 de abril de 2015, acordou:

«51. Rectificación, se procede, dos puntos 4.5 e 6 do prego de prescricións técnicas do expediente aberto para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (6 votos a favor), acordou:

1º. Rectificar os puntos 4.5 e 6 do prego de prescricións técnicas do expediente aberto para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense, aprobados pola Xunta de Goberno do 19 de marzo de 2015, no seguinte sentido:

No punto 4.5, paragrafo terceiro, onde di:

“Ao finalizar o horario de funcionamento (desde as 8.00 horas ata as 22.00 horas) será obrigatorio:”

Deberá dicir:

“Ao finalizar o horario de funcionamento (desde as 22.00 horas ata as 8.00 horas) será obrigatorio:”

No punto 6, baixo a rúbrica Horario de funcionamento do sistema, onde di:

“Todos os días do ano o servizo de préstamo de bicicletas funcionará de maneira ininterrompida as 24 horas (nas cales non haberá revisións nin asistencia telefónica aos usuarios), excepto o 25 de Nadal e 1 de xaneiro, nos que, pola súa especial consideración, os puntos de préstamo permanecerán pechados.

O servizo de mantemento garantirá que durante este horario de funcionamento sempre estea unha persoa operativa para solucionar calquera incidencia e que se realizará unha revisión das bases ao comezar e ao finalizar o horario establecido. Será potestade do Concello de Ourense a modificación dos horarios, sen que estas modificacións supoñan desequilibrio económico do contrato”.

Deberá dicir:

“Todos os días do ano o servizo de préstamo de bicicletas funcionará de maneira ininterrompida as 24 horas, excepto o 25 de Nadal e 1 de xaneiro, nos que, pola súa especial consideración, os puntos de préstamo permanecerán pechados:

O servizo de mantemento garantirá que durante este horario de funcionamento (desde as 8.00 ás 22.00 horas) sempre estea unha persoa operativa para solucionar calquera incidencia e que se realizará unha revisión das bases ao comezar e ao finalizar o horario establecido. Será potestade do Concello de Ourense a modificación dos horarios, sen que estas modificacións supoñan desequilibrio económico do contrato”.

2º. Proceder a reapertura do prazo para presentar proposicións establecido no artigo 13 do prego de cláusulas administrativas, notificando aos licitadores que xa presentaron ou poidan presentar as súas proposicións, antes de rematar o prazo orixinariamente establecido, a posibilidade de retirar a súa oferta».

Ao abeiro do TRLCSP, o prazo de presentación de ofertas comezará a computar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio de corrección de erros no perfil do contratante, no BOP ou no DOG.

Ourense, 16 de abril de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde