Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15809

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos para a xestión da Escola Infantil Municipal Mestres Goldar-Castrelos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Número de expediente: 16774-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión da Escola Infantil Municipal Mestres Goldar.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 891.523,56 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo U, subgrupo 5, categoría B.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 15 de abril de 2015

P.D. (Decreto 29.7.2914 e Acordo 30.7.2914)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación