Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15811

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de desistencia da licitación da prestación da xestión integral da execución dos servizos da programación cultural e de actividades.

O Consello Reitor do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), na súa reunión do día 10 de marzo de 2015, coñeceu a estimación do recurso polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais do 6 de febreiro de 2015, formulado pola empresa Sermasa, fronte ao prego de cláusulas económico-administrativas da licitación convocada, mediante acordo do Consello Reitor do IMCE do 27 de novembro de 2014, e anunciada mediante a publicación efectuada no DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2015, e no BOP do 10 de decembro de 2014.

No referido Consello Reitor do 10 de marzo de 2015 adoptáronse, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro. A toma de coñecemento por parte do Consello do IMCE da estimación parcial, polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, do recurso, producida respecto ao punto 11, no aspecto concreto que se sinala; da declaración de nulidade da cláusula contida no punto 11, que describía o contido e as regras de valoración do sobre B, por canto ao longo da súa redacción se recoñece a posibilidade dos licitadores de introducir melloras sen indicar sobre que elementos (salvo a mellora referida á ampliación do seguro civil de danos) e en que condicións queda autorizada a súa presentación, e da nulidade declarada de toda a cláusula e de todo o proceso de licitación levado a cabo ata o momento.

Segundo. A desistencia da licitación convocada, de conformidade co disposto no artigo 155.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, en virtude da concorrencia da causa citada.

A Coruña, 16 de marzo de 2015

P.D. (Decreto do 20.6.2011)
Ana María Fernández Gómez
Vicepresidenta do Instituto Municipal Coruña Espectáculos