Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15818

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obra de construción dunha minirresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº expediente: CGSIB/OBR/003/14.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha minirresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.325.500 €.

Adxudicataria: UTE Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.-Construcciones López Cao, S.L.

Data de formalización do contrato: 26.2.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org , na epígrafe perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar