Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15819

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato para a xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal nos centros de día de Oleiros, Culleredo, San Sadurniño e Curtis.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº expediente: CGSIB/004/14/XSP-CONC-CD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal nos centros de día de Oleiros, Culleredo, San Sadurniño e Curtis.

Importe de adxudicación: 2.536.727,48 €, IVE incluído.

Adxudicataria: SIAD24 Galicia, S.L.

Data de formalización do contrato: 15.3.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: proposta que mellor recolle, comprende e planifica os servizos de prevención á dependencia e promoción da autonomía persoal de cara aos usuarios dos centros de día de Oleiros, Culleredo, San Sadurniño e Curtis.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, na epígrafe perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar