Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15817

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo da xestión de incidencias e apoio ao Departamento de Sistemas.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº expediente: CGSIB/002/14/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Denominación do concurso público: servizo de xestión de incidencias e apoio ao Departamento de Sistemas do Consorcio.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 117.810,44 €.

Adxudicataria: Inforhouse, S.L.

Data de formalización do contrato: 4.2.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: concreción e adaptación ás necesidades do Consorcio, cun amplo punto de melloras.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, na epígrafe perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar