Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 18 de febreiro de 2015 relativo ao expediente sancionador LU-2/15, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á interesada que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente número LU-2/15, incoado ao titular do establecemento de Guntín denominado Albergue O Cándido, situado no lugar de San Román de Retorta do concello de Guntín (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Noméase instrutora do procedemento a Mercedes Campos Casares e secretaria a María del Carmen Enríquez Río, funcionarias desta área provincial de Turismo, cuxo réxime de recusación é o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, a interesada disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado na área provincial de Turismo, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a directora da Axencia Turismo de Galicia, segundo o disposto no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Lugo, 9 de abril de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-2/15.

Denunciada: Ana Isabel Rodríguez Redondo.

Establecemento: Albergue O Cándido.

Enderezo: lugar de San Román de Retorta.

Localidade: Guntín (Lugo).

Feitos denunciados: a realización de actividades e a prestación de servizos turísticos sen que se presentase a correspondente declaración responsable ou se obtivese a preceptiva autorización turística, se é o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: grave.

Sanción: 3.000 €.