Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0224-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0224-4.

Acta: I362014000077152.

Empresa: Tipstone, S.L.

NIF: B-36501799.

Enderezo: Lugar A Cardosa 11, Marcón-Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 3 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en relación co disposto no seu anexo I, número 1, puntos 8 e 16, e no anexo II, número 4, puntos 4.2.2 e 4.2.4, así como nos artigos 14.2 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2 e 12.16 b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 17.2.2015.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 30 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo