Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa aos expedientes TR341D 2012/980-1 e TR341D 2012/981-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para facer as alegacións e achegar os documentos que consideren máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de 15 días hábiles que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2012/980-1.

Nome: Manuel Antonio Coiradas Caramés.

Último enderezo coñecido: rúa Corredoira Luis Cadarso, 3, baixo, 15200 Noia, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.

Expediente: TR341D 2012/981-1.