Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15624

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle na Rúa Nova.

O alcalde-presidente, mediante Resolución da Alcaldía, do 30 de marzo de 2015, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudo de detalle formulado por instancia de Fafrape, S.L., elaborado polos arquitectos Javier López Cabana, Eladio Castro López e Alejandro Sánchez González, e que ten por obxecto o reaxuste das aliñacións fixadas polas normas subsidiarias de planeamento municipal na zona de solo urbano consolidado para un tramo da Rúa Nova, Ordes, correspondente aos números 5, 13, 15, 17 e números 12, 14.

En cumprimento do establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, se é o caso, as alegacións que considere oportunas.

Ordes, 6 de abril de 2015

Manuel Regos Boquete
Alcalde-presidente