Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudo de detalle na rúa San Marcos.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 6 de abril de 2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 130611 e 130612 (rúa San Marcos, números 4-6), do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por Promociones Plaza San Marcos, S.L.U.

O acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 14 de abril de 2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 15 de abril de 2015

P.D. (Decreto Alcaldía nº 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez José Antonio Carro Asorey
Tenente alcalde delegado Secretario xeral do Pleno
da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente