Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15625

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 10 de abril de 2015, do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, polo que se convoca a licitación do servizo de explotación da cafetaría e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos (expediente 6407/12).

1. Entidade que adxudica: Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº de expediente: 6407-12.

2. Obxecto do contrato: servizo de explotación da cafetaría e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos nas instalacións do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Lugar do servizo: instalación do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

3. Prazo de execución: catro anos, máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

4. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

5. Canon mínimo: 1.200 euros, IVE incluído anual.

6. Garantías provisionais: non se exixen.

7. Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 26 77 83/84. Fax: 986 37 08 00.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos oito (8) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, Monte da Madroa, s/n, 36316 Teis (Vigo), ata as 13.30 horas do último día de prazo.

9. Apertura da oferta técnica e económica: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo. Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de abril de 2015

Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo