Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15553

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4846/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4846/2014, seguido por instancia de Jaime Liñares Manteiga contra o Fogasa, José Oreiro Lameiro, Vicente Adolfo López Veiga, Ismael López Silva, Xosé Antón Pedreira Miras, José Antonio Alvite Iglesias, Francisco Manuel Loimil Loureiro, José Antonio Seijas Castro, Rosa Guillan Casas, Marina Ponte Santasmariñas, Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes) sobre resolución de contrato, se ditou sentenza que copiada nos particulares necesarios di:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Xosé Febrero Bande, actuando en nome e representación de Jaime Liñares Manteiga e igualmente desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Alberto Frijeiro Otero, actuando en nome e representación de José Antonio López Gómez, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas e José Cortes Prado contra a sentenza do dezaseis de xuño de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, nos autos 967/2012 seguidos por instancia de Jaime Liñares Manteiga contra os codemandados recorrentes, e contra Francisco Manuel Loimil Loureiro, Xoán Antón Pedreira Miras, Rosa Guillan Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmariñas, Vicente Adolfo López Veiga, Ismael López Silva, José Antonio Alvite Iglesias, a entidade Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes) e contra o Fondo de Garantía Salarial, polo que confirmamos a sentenza ditada na súa integridade.

Impónselles aos codemandados recorrentes o aboamento das custas procesuais causadas con inclusión do aboamento dos honorarios dos letrados impugnantes do recurso, o Sr. Febrero Bande e o Sr. Nogueira Pol, que se fixan no importe de 550 € para cada un deles, de cuxo pagamento responderán de forma solidaria os codemandados Antonio Pérez Casas, José Antonio López Gómez, José Cortes Prado, José Chaves Vites e María Luisa Tábora Lores. Igualmente, decrétase a perda do depósito que constituísen para recorrer.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar: o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes) actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en República de El Salvador, 9, 3º, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de marzo de 2015

A secretaria xudicial