Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección e acondicionamento do Monte da Mina (expediente 13677/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 23 de febreiro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de protección e acondicionamento do Monte da Mina, redactado polos servizos técnicos e xurídicos da oficina de Planeamento e Xestión, na súa versión V2, con data de febreiro de 2014 (expediente 13677/411).

Segundo. Dar traslado deste acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar esta cuestión.

Terceiro. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG, en cuxo anuncio se fará mención á remisión á CMATI da documentación referida no ordinal quinto do presente acordo e, así mesmo, publicar no BOP de Pontevedra o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Cuarto. Ordenar a publicación do presente acordo, xunto coa ordenación definitivamente aprobada, na sede electrónica do Concello de Vigo e practicar as notificacións preceptivas en observancia da lexislación aplicable.

Quinto. O Plan Especial ten natureza de disposición de carácter xeral, polo que contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da LRXCA, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legais que se consideren convenientes.

Faise constar neste anuncio que con data do 23 de marzo de 2015 se remitiu á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados.

O Plan especial ten natureza de disposición de carácter xeral, polo que contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legais que se consideren convenientes.

Vigo, 24 de marzo de 2015

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo