Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15501

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO do extracto da convocatoria de postos de traballo.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41, do 2 de marzo de 2015, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado pola deputación provincial para cubrir 26 postos de traballo laborais fixos de administrativo, polo sistema de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (corrección de erro no BOP do 31 de marzo de 2015).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Este anuncio deixa sen efecto o anterior do 2 de marzo de 2015, publicado no DOG do 12 de marzo de 2015.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

P.D. (Resolución 29.5.2013, BOP do 31 de maio)
Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada