Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15406

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (111/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 111/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jesús Boado Vázquez contra a empresa Alejandro Otero Moreira, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión.

1º. Que estimando a demanda formulada por Juan Jesús Boado Vázquez contra a empresa Alejandro Otero Moreira, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.506,18 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos nos artigos 191 e 193 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alejandro Otero Moreira, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2015

O secretario xudicial